Blog

Presentación do Programa OUTRO LADO Igualdade nas TIC

Para a planificación deste programa, démonos conta de que as TIC son unha potentísima ferramenta de visibilización e comunicación.

Coa nosa mirada de xénero planeamos as TIC como unha ferramenta estratéxica de visibilidade, para concienciar, sensibilizar e transformarnos nunha sociedade máis igualitaria.

Unha parte fundamental deste programa que estamos a levar a cabo é este Blog Outro Lado dende o que os estamos a escribir. Que pretende ser un espazo alternativo onde se visibilice o traballo en…

CONCURSO FOTOGRÁFICO NAS REDES SOCIAIS “IMPLÍCATE” NA IGUALDADE

Dende a Área de Igualdade do Concello de Camariñas queremos animarvos a participar no Concurso Fotográfico “Implícate” que comeza hoxe e que estamos a organizar en colaboración coa Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.

O obxectivo non é outro que visibilizar a igualdade de oportunidades por medio das fotografías que mellor transmitan a necesidade dunha sociedade mais xusta.

A temática por suposto será a igualdade de oportunidades e como axuda e alento para a inspiración utilizaremos a frase de Boutros Ghali “Agora máis que nunca, a causa da muller é a causa de toda a humanidade”

O concurso…

OUTROLADO…

“Para visibilizar, primeiramente hai que recoñecer, hai que nomear, hai que construír espazos alternativos para producir novas definicións” Vanesa Gómez Bernal

Este blog nace co desexo de ser precisamente outro lado, un  espazo alternativo que  sexa unha ferramenta de visibilización, concienciación e sensibilización, que axude a converternos nunha sociedade máis igualitaria.

Aquí poderemos visibilizar os escenarios da exclusión, as persoas protagonistas e as súas causas. Poderemos analizar os estereotipos e os roles de xénero que tanto dano fan a mulleres e homes. Coñeceremos  outros modelos de muller, outros roles diferentes…