Blog

Presentación do Programa OUTRO LADO Igualdade nas TIC

Presentación do Programa OUTRO LADO Igualdade nas TIC

Presentación do Programa OUTRO LADO Igualdade nas TIC

Para a planificación deste programa, démonos conta de que as TIC son unha potentísima ferramenta de visibilización e comunicación.

Coa nosa mirada de xénero planeamos as TIC como unha ferramenta estratéxica de visibilidade, para concienciar, sensibilizar e transformarnos nunha sociedade máis igualitaria.

Unha parte fundamental deste programa que estamos a levar a cabo é este Blog Outro Lado dende o que os estamos a escribir. Que pretende ser un espazo alternativo onde se visibilice o traballo en prol da igualdade de oportunidades e en contra da violencia de xénero que se leva a cabo dende a nosa Área, así como a creación de redes de persoas e institución que están levando a su experiencia e as súas reflexións relativas a igualdade de oportunidades ao mundo 2.0.

No mesmo acto de presentación  instamos ao alumnado do centro educativo a participar no Concurso Fotográfico “Implícate” na Igualdade, que organizamos en colaboración coa Asociación de Empresarios de Promoción Turística de Camariñas,  a través das redes sociais, e que comezou o día 15 e que chegará ata o día 14 de abril. Levarase a cabo a través do Facebook e do Instagram da Area de Igualdade. Haberá dúas modalidades de participación, unha para maiores de idade e outra para persoas de 14 a 17 anos ámbolos dous incluídos.

O obxectivo do concurso non é outro que premiar as instantáneas que mellor transmitan a necesidade dunha sociedade onde a igualdade entre mulleres e homes sexa unha realidade.

Para completar o programa e facer posible esa visibilización da que falamos creamos os nosos propios perfís nas Redes Sociais:

Parécenos un programa moi ambicioso pero a vez estamos moi ledos e confiamos na participación da cidadanía e de que sexa un motivo de creación de novas redes e alianzas entre persoas comprometidas na igualdade de oportunidades. En fin, activismo e traballo en rede e na rede.

Animádevos a participar e a crear redes pola Igualdade!!!!!!

Non hai comentarios

Deixa un comentario

Nome*

Email*

Web

Comentario*