Quen somos

Camariñas é un concello costeiro situado na Costa da Morte na provincia da Coruña que dende o ano 2001 ven desenvolvendo actuacións en prol da igualdade de oportunidades, a
prevención e a eliminación da violencia de xénero.Como administración pública o Concello de Camariñas ten o deber de impulsar a tarefa colectiva de avanzar na igualdade real entre mulleres e homes.

Para cumprir con este deber o Concello conta coa Área de Igualdade, un servizo especializado que realiza estudos,  desenvolve actuacións, promove a participación da cidadanía ademais de informar, asesorar e apoiar ás mulleres, homes e entidades do municipio.

Camariñas ten desenvolvido dous Plans de Igualdade, marcos de actuacións que posibilitan a participación da cidadanía e a intervención público – privada de forma sistemática e organizada en base a obxectivos específicos por cada un dos ámbitos definidos nos plans.

O camiño cara a igualdade non é doado, require dunha transformación substancial nas relacións actuais de poder entre homes e mulleres, nas condicións da vida desfavorables para as mulleres, na posición de inferioridade que estas teñen nas sociedades patriarcalistas, na invisibilización e desvalorización dos logros e esforzos femininos.
Para avanzar ata esa sociedade xusta e igualitaria que todos e todas desexamos e necesitamos a Área de Igualdade do Concello de Camariñas ten como finalidades impulsar a participación e o compromiso social e político cara a toma de conciencia da desigualdade e da discriminación que aínda sufre boa parte das persoas da nosa sociedade e a mobilización da cidadanía en xeral, e das mulleres en particular, pola transformación de roles, estereotipos, condutas e estruturas sexistas.

Os obxectivos de visibilización, concienciación e sensibilización na importancia estratéxica do principio de igualdade de oportunidades desenvolvido nas actuacións dos Plans de Igualdade de Camariñas ata agora, tamén son compartidos por este  BLOG OUTRO LADO que  pretende ser un espazo alternativo e unha ferramenta que axude a lograr unha sociedade máis xusta e máis feliz.

quensomos1

quensomos2

quensomos5

quensomos3quensomos6

quensomos4

quensomos8

quensomos7

quensomos9