Blog

CONCURSO FOTOGRÁFICO NAS REDES SOCIAIS “IMPLÍCATE” NA IGUALDADE

Dende a Área de Igualdade do Concello de Camariñas queremos animarvos a participar no Concurso Fotográfico “Implícate” que comeza hoxe e que estamos a organizar en colaboración coa Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.

O obxectivo non é outro que visibilizar a igualdade de oportunidades por medio das fotografías que mellor transmitan a necesidade dunha sociedade mais xusta.

A temática por suposto será a igualdade de oportunidades e como axuda e alento para a inspiración utilizaremos a frase de Boutros Ghali “Agora máis que nunca, a causa da muller é a causa de toda a humanidade”

O concurso comeza hoxe día 15 de marzo e se prolongará ata o día 14 de abril.

As fotografías poderán estar realizadas en calquera ámbito xeográfico, con plena liberdade para editalas como prefiran as persoas participantes. O medio de participación serán as redes sociais como Facebook ( facebook.com/igualdade.camarinas) e Instagram (@outrolado).

Contamos con dúas modalidades de concurso, unha, que será a modalidade A, de 18 anos ou máis e a modalidade B para persoas con idades comprendidas entre os 14 e 17 anos. Estes últimos para participar deberán contar con autorización do/a tutor/a legal. A organización poderá comprobar esta autorización en calquera momento.

Contaremos con dous premios as mellores fotografías para a modalidade A e cun premio a mellor fotografía na modalidade B.

Para máis información deixámosvos o enlace dás BASES, na web www.camarinas.net , facebook.com/igualdade.camarinas e muller.ssociais@camarinas.net.

Anímate co teu móbil ou coa túa cámara de fotos e comparte en Facebook e en Instagram a túa creatividade.

IMPLÍCATE COA IGUALDADE!!!!!!!!!

 

cartel concurso fotografico 2013

Non hai comentarios

Deixa un comentario

Nome*

Email*

Web

Comentario*