“Para visibilizar, primeiramente hai que recoñecer, hai que nomear, hai que construír espazos alternativos para producir novas definicións” Vanesa Gómez Bernal
Este blog nace co desexo de ser precisamente outro lado, un espazo alternativo que sexa unha ferramenta de visibilización, concienciación e sensibilización, que axude a converternos nunha sociedade máis igualitaria.
Aquí poderemos visibilizar os escenarios da exclusión, as persoas protagonistas e as súas causas. Poderemos analizar os estereotipos e os roles de xénero que tanto dano fan a mulleres e homes. Coñeceremos outros modelos de muller, outros roles diferentes aos tradicionais. Desexamos sexa un espazo que sirva para visibilizar a mulleres independentes, autónomas, poderosa ou non, pero visibles por elas mesmas.
A través deste blog tamén visibilizaremos outros modelos de masculinidade alleos aos tradicionais existentes que defenden a necesidade de vivir a condición masculina dende a defensa dunhas relacións igualitarias coas mulleres.
Mostraremos iniciativas e boas prácticas e fomentaremos a creación e ampliación de redes con persoas afíns e convencidas da necesidade de acadar a igualdade de oportunidades.
De seguido, comezamos!!!