Dende a Área de Igualdade do Concello de Camariñas estamos a levar a cabo unha serie de actuacións relacionadas coas novas tecnoloxías e que nos facilitará (o iso esperamos) a visibilización, concienciación e sensibilización, do traballo realizado en prol da Igualdade de Oportunidades.
As TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) son unha potentísima ferramenta de visibilización e comunicación. Coa nosa mirada de xénero planeamos as TIC como unha ferramenta estratéxica de visibilidade,…
15 MARZO – 14 ABRIL Co ánimo de continuar o traballo de sensibilización, promoción e implicación da igualdade de oportunidades a Área de Igualdade do Concello de Camariñas coa colaboración da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, organiza un concurso de fotografía nas redes sociais. O obxectivo do concurso non é outro que premiar as instantáneas que mellor transmitan a necesidade dunha sociedade onde a igualdade entre mulleres e homes sexa unha realidade.