Dende a Área de Igualdade do Concello de Camariñas estamos a levar a cabo unha serie de actuacións relacionadas coas novas tecnoloxías e que nos facilitará (o iso esperamos) a visibilización, concienciación e sensibilización, do traballo realizado en prol da Igualdade de Oportunidades.
As TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) son unha potentísima ferramenta de visibilización e comunicación. Coa nosa mirada de xénero planeamos as TIC como unha ferramenta estratéxica de visibilidade, para concienciar e sensibilizar, e transformarnos nunha sociedade máis igualitaria.
Para facer posible esa visibilización da que falamos creamos o noso propio perfil nas Redes Sociais:
- Facebook (facebook.com/igualdade.camarinas)
- Twitter (@MullerCamariñas)
- Instagram (@outrolado)
Internet facilitou a creación e expansión de redes de mulleres en todo o mundo có obxectivo de evitar a discriminación de xénero, alcanzar a igualdade real de oportunidades e mostrar esas voces e os saberes femininos habitualmente relegados.
Dende a Área de Igualdade temos especial interés en visibilizar redes pola igualdade de xénero, e a súa vez crear a nosa propia rede entre todas as persoas e institucións que están levando a su experiencia e as súas reflexións relativas a igualdade de oportunidades ao mundo 2.0.
Na mesma liña a creación deste Blog Outro Lado da Área de Igualdade do Concello de Camariñas que ademais do dito anteriormente ten como obxectivo principal ser unha ferramenta fundamental para a denuncia de abusos e estereotipos que non queremos que pasen desapercibidos; así favorecer a toma de conciencia e a sensibilización ante esas discriminacións.