Aviso legal

RESPONSABILIDADE SOBRE A INFORMACIÓN

O contido facilitado a través desta web emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser difundidos formalmente en calquera publicación oficial. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, o Concello de Camariñas non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado. Así mesmo, o Concello de Camariñas reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

O Concello de Camariñas non se fai responsable dos danos e perdas que puidera ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
O Concello de Camariñas non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos dos enlaces a páxinas externas a que se fai ou faga referencia na web.

POLITICA DE PROTECCIÓN DE DATOS

En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), que ten por obxecto garantir e protexer, no que respecta ao tratamento dos datos persoais, as liberdades e dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente da súa honra e intimidade persoal, informámolos de que:

1. Os datos de carácter persoal recollidos na web inclúense en ficheiros protexidos e con acceso exclusivo. Na súa calidade de propietario, o responsable destes ficheiros é o Concello de Camariñas.

2. O Concello de Camariñas conta coa autorización expresa para a publicación destes datos. Así mesmo, garante a seguridade dos mesmos co fin de evitar a súa alteración, perda, tratamento e acceso non autorizado. Para iso adoptáronse as medidas técnicas e organizativas necesarias.

3. O interesado poderá, en todo momento, exercitar os dereitos recoñecidos na LOPD, de acceso, rectificación, cancelación e oposición. O exercicio destes dereitos poderá realizase a través do correo info@camarinas.net. Tamén poden exercitarse estes dereitos nos termos que a normativa aplicable establece.

PROPIEDADE INTELECTUAL

O Concello de Camariñas é propietariado deste dominio de internet, ao igual que dos dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos.

Con estas páxinas preténdese fomentar o acceso dos cidadáns á información relativa ás iniciativas e servizos do Concello de Camariñas.

REPRODUCIÓN DE CONTIDOS

A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización. O usuario comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal.

CONTAS DE CORREO

O Concello de Camariñas non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través dos distintos enderezos de correo electrónico que aparecen nestas páxinas. A información obtida a través das contas de correo contidas nestas páxinas ten carácter simplemente informativo, sen que en ningún caso poida derivar dela ningún efecto xurídico vinculante.

SERVIZO

Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade ao respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destas páxinas.

TERMOS DE USO

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibida a copia, distribución ou uso separadamente do texto ou resto de imaxes que o acompañan, dos gráficos, iconas, logotipos e imaxes dispoñibles neste sitio web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade, agás que exista algunha función especificamente comercial inherente a algún servizo da páxina.

O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.