CONCURSO FOTOGRÁFICO “IMPLÍCATE” NA IGUALDADE.

15 MARZO – 14 ABRIL Co ánimo de continuar o traballo de sensibilización, promoción e implicación da igualdade de oportunidades a Área de Igualdade do Concello de Camariñas coa colaboración da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas,  organiza un concurso de fotografía nas redes sociais. O obxectivo do concurso non é outro que premiar as instantáneas que mellor transmitan a necesidade dunha sociedade onde a igualdade entre mulleres e homes sexa unha realidade.

Anímate co teu móbil ou coa túa cámara de fotos e comparte en Facebook e Instagram a túa creatividade inspirada na  igualdade de oportunidades.

Non se premiarán necesariamente só imaxes de gran calidade técnica, senón tamén as máis orixinais, inspiradoras, sorprendentes ou aquelas que mellor reflictan a esencia da frase “Agora máis que nunca, a causa da muller é a causa de toda a humanidade”, Boutros Ghali.

Haberá premios para as mellores fotografías, se tes 14 anos ou máis participa temos dous categorías de participación.

Implícate, Anímate e participa!!

 

Mais información:

BASES

facebook.com/igualdade.camarinas

muller.ssociais@camarinas.net

Tlf. 981 737 004/ 653 260 729

cartel concurso fotografico 2013